Galiza é unha auténtica nacionalidade. Tén un idioma proprio, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués cultivado literariamente cando a língoa de Castela andaba a gatas; tén un territorio delimitado naturalmente, de formas doces y entranas duras, que foi unha illa de pedra cando Hespaña xacía no fondo dos mares formativos; tén problemeas peculiares, de tan rara orixinalidade que sempre ficaron ao marxe das leis liberais de Hespaña e das arrepiantes preocupacións do mundo capitalista; tén unha cultura autóctona, manifestada en arte e sabiduría popular, tan insulares como foi a nosa Terra en tempos xeolóxicos, tén predisposicións psicolóxicas que nos fixeron inasimilables â cultura e dereito de Castela, coma os bretóns na Franza e os escoceses na Inglaterra; tén, se quixéramos -que non queremos-, caraiterísticas diferenciaes de raza, pois somos predomiñantemente celtas. Galiza, pois, é unha nacionalidade hispana, tan respetable como Castela e todol-os seus atributos son igualmente diños de respeto.

Non sendo posible negar a perduración dos atributos nacionaes de Galiza -xa ensaminados, un a un, no libro I- é doado estimar a súa soberanía natural, y esta xerarquía anterior e superior âs formas políticas, non pode satisfacerse con atribucións precarias e restrinxidas, concedidas por gracia do Estado unitario, é decir, pol-a ineisistente Nación hespañola, representada nas Cortes de Madrid; porque Castela, e as súas rexións satélites, son maoría no conxunto hespañol, e co seu peso manteñen o caráiter subordinado dos demáis "seres" nacionaes, producindo unha antinomía antre a democracia e o liberalismo (o problema das nacións é liberal). Non; a gracia do Estado sóio enche as necesidades d-unha simple rexión, particularizada en algúns atributos da nacionalidade a que perteñece. Así pois, o sistema de Estatuos autonómicos é inadecoado e até ofensivo para os cataláns, galegos e vascos. Galiza, como Cataluña y Euzcadi, é unha nación e, por consiguente, ten dereito a federarse con outros povos igoaes a ela; e non reconecerlle o dereito de autodetermiñación -inclusive para vivir con absoluta independencia- será sempre un acto tiránico e antiliberal. Agora ben; nós queremos ceder da nosa natural soberanía todo canto cedan as demáis nacionalidades hespañolas, a fin de constituirmos un Estado rexido pol-a máis pura democracia (democracia fundada na liberdade) onde sexa imposible o privilexio e a servidume.

 

Alfonso R. Castelao (páx 322-323 de SEMPRE EN GALIZA)

Comentarios
Añadir nuevo Buscar
Alvarito   |SAdministrator |2010-01-21 00:17:53
A Compostela todo deus!

Ali estaremos!
jandra111   |80.34.99.xxx |2010-01-21 00:43:21
e a quen che dija q non lle justa o galego ti dille non te preocupes q por ti xa
o falou eu, hai q ter boa vergoña non sabelo q e de seu

PAREMOS ESTA
TOLERIA AGORA Q PODEMOS
Anónimo   |88.24.24.xxx |2010-01-21 14:35:55
AHHH

SERÍA BO QUE LLE AMOSÁSEDES A CITA A ALGÚN/HAS DOS/AS MEMBROS/AS DA
VOSA XUNTA DIRECTIVA

DÁDELLE UN TIRÓN DE ORELLAS
Mónica   |83.49.28.xxx |2010-01-22 00:02:35
eu falo galego e sintome moi orgullosa de ser e sentirme galega. Cada un pode
falar no que lle pete pero o que non se pode consentir é que desprecen a nosa
lingua nai, temos que loitar para defender o que nos pertence
Alvarito  - re:   |SAdministrator |2010-01-22 02:26:18
jandra111 escribió:
e a quen che dija q non lle justa o galego ti dille non te preocupes q por
ti xa o falou eu, hai q ter boa vergoña non sabelo q e de seu
 

PAREMOS ESTA TOLERIA AGORA
Q PODEMOS[/quote][/quote]

[quote=Anónimo]AHH H

SERÍA BO QUE
LLE AMOSÁSEDES A CITA A ALGÚN/HAS DOS/AS MEMBROS/AS DA VOSA
XUNTA DIRECTIVA

DÁDELLE UN TIRÓN DE ORELLAS


Jandra: Estuben tocando unhas pezas na Manifa co de Quempa :þ

O
outr@: Unha cousa é unha persoa, outra cousa é toda a Asociación .
jandra111   |80.34.99.xxx |2010-01-22 14:03:17
estou totalmente de acordo co que di monica,cada quen poden falar no idioma q
lle dea a jana pero nós como asociación defendemos a cultura e lingua da nosa
terra animovos a que vos vos unades como nós xa
fixemos

http://www.queremosgalego.org

jo alvi q sorte, ahora temos nivel e
todo jaja
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
:!::?::idea::arrow:
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."