Escola Adultos no Certame
 

A escola de adultos/as Aleivosía nace a mediados do ano 2006 coas inquedanzas de un grupo de pais e nais de alumnos  e alumnas que motivados polos seus fillos se animaron a comezar a tocala pandeireta. Na actualidade está formada  por uns 15 integrantes de idades comprendidas entre os 30 e os 50 anos, moitos deles pais e nais dos integrantes da escola infantil e do grupo Aleivosía e outros moitos xente allea que se animou a divertirse tocando a pandeireta.

 

As pezas que interpretan son recollidas por todo a xeografía galega, e o seu cometido e facer gozar a quen os escoita co mesmo espírito e gañas que  cando comezaron esta andaina.

 

Dende o ano 2008 esta a funcionar una nova etapa de aprendizaxe nesta escola de adultos e adultas xa que comezaron as clases de iniciación ao baile tradicional galego.

Modificado o ( Venres, 27 Marzo 2009 17:50 )