Grupo Oficial
 
O grupo de baile e música tradicional ALEIVOSÍA naceu a mediados da década dos 70 no seo do Liceo Marítimo Rianxeiro como un grupo de rapaces e rapazas ensinados por unha mestra da vila. Ten percorrida diversas vilas da xeografía galega, así coma viaxes a Madrid, Puebla de Sanabria (Zamora) e Guadalupe en Cáceres.

No ano 2006 decidiuse ampliar a escola de ALEIVOSÍA cun grupo infantil e un de adultos. Contamos con dúas categorías de baile e dúas de pandeireta na categoría infantil, e na de adultos unha en pandeireta e este ano inciouse a de baile. Tamén neste novo curso empezouse a formar un grupo de gaita e percusión.

Neste longo recorrido ALEIVOSÍA participou en diversos concursos, acadando no ano 2006 o 2º Premio na categoría de pandeireta no Concurso de Muiños de Oliveira en Ponteareas; e acadando no 2008 o 3º Premio no Concurso da FEGALCAT en Barcelona.

Na actualidade, o grupo oficial está a traballar a reo para sacar adiante a escola, acudir a concursos e preparar o certamen de verán. Este é o VI Certamen de Baile e Música Tradicional organizado por ALEIVOSÍA; para nós é unha honra. Xa que ata fai dous anos este acto víñamolo organizando entre  cinco e seis persoas do grupo coa axuda do departamento de Educación e Cultura do Concello de Rianxo. Gracias a eles e ó Concello, podemos organizar diversos actos e participar neutros tantos: é o caso do Magosto, das colaboracións na obra de teatro (Sempore en Rianxo. O soño do Barbeiro), etc.

Dende setembro de 2008 ALEIVOSÍA pasou a formar parte dun novo proxecto, a A.C. FogoFatuo; cousa que estivo na nosa cabeza durante moito tempo. Dende aquí agradecer ós fundadores da asociación a súa benvida, en especial a Mariano, por todo o apoio que nos deu, antes e agora. Gracias presi.

Non podo esquecer os agracementos nesta andadura.
En primeiro lugar, gracias a esas nais que cosían e cosen para o grupo, ás que pasaron tardes no Liceo coas máquinas de coser para que nós pudiésemos estrear roupa no verán.
Gracias tamén a esas nais que nos fan tortillas, empanadas, bolos, etc todas esas cousas que necesitamos para as chapradas e demáis.
Gracias ó Concello de Rianxo, sobre todo ó departamento de Educación e Cultura, que case nos teñen que ver por alí mensualmente e nos aturan con paciencia. En especial, gracias a Uxía e Rebeca.
Gracias a Dori Mari por animarnos e ensinarnos todos eses bailes que bailaban os nosos avós, e por moitas cousas máis. Moita xente agradecerá o teu labor.
Gracias a Jose Codesido e a David Iar, os nosos mozos preferidos. Sempre será un pracer volver bailar con vós. Tamén a Laura, que vámola facer fotógrafa oficial, gracias.
Sen máis, gracias a todas aquelas persoas que dunha maneira ou doutra nos axudaron nalgún momento.

Modificado o ( Luns, 13 Abril 2009 22:04 )