A asociación Fogo Fatuo colaborou xunto coa Banda de Música, a Ruada Rianxeira, o Liceo Marítimo Rianxeiro, Vai de Roda, o teatro airiños de asados, veciños de rianxo e departamento de cultura do concello de Rianxo na redifusión do enterro do noso benquerido Toribiño que finou o mércores de entroido despois dunha boa fartura de viño, orellas, filloas, cocido e outros menesteres varios co que rematou tesiño perdido, grazas a tod@s os veciños/as pola colaboración e sobre todo aos esqueletes: Mónica, Alejandra, Tamara, Paula e Alba por estares presentes neste acto e aguantar o frío e a choiva que acompañou dito enterro, sen mais damoslle unha forte despedida ao Toribiño e ao entroido esperando que o vindeiro sexa mellor se cabe.
Adios meu toribiño que non come máis touciño, adios adios adios ata o ano das fillós.