ALEIVOSÍA AO PRINCIPAL
Sesenta rianxeiros subiranse ao escenario do Teatro Principal de Compostela para amosar un anaquiño da vila rianxeira. E como non o noso Grupo de Baile Tradicional Aleivosía tamén representará na obra un anaco da danza das francadas REPRESENTACIÓN: Teatro Principal de Santiago de Compostela, 15 de maio ás 21.00h
TRATASE DE ALGO ÚNICO QUE NON PODERÁ REPETIRSE POLA SÚA COMPLEXIDADE, ASÍ QUE CONVIDAMOS A TOD@S A QUE APROVEITEN ESTÁ OPORTUNIDADE DE VER UNHA OBRA QUE REFLICTE A ESENCIA DO RIANXO MÁIS XENIAL
FIN DE SEMANA AXETREADO EN FOGO FATUO
Esta fin de semana a Agrupación de Baile e Música Tradicional Aleivosía participa novamente na obra de teatro "SEMPRE EN RIANXO, O Soño do barbeiro" esperamos a vosa presenza e logo animadevos a bailar e cantar un pouco no serán dos nosos veciños Vai de roda no que cantarán tamén as nosas pandereteiras. FUNCIÓNS: Sábado ás 21:00 h e Domingo ás 20:00h no auditorio de RIANXO VEMONOS NA FESTA
Modificado o ( Domingo, 02 Maio 2010 22:05 ) Patrocinio 2010Tralo éxito do Serán do Patrocinio do ano pasado, este ano aumentamos un ano máis de festa. O venres 23 de abril teremos dous grupos: EKOS e DA RÍA MAFIA. O sábado 24 darase cabida o noso Serán do Patrocinio para que tódolos grupos, amigos e compañeiros que o desexen lle dean ritmo aos bailadores e bailadoras. E por suposto non poderán faltar as tradicionais papas de arroz para repoñer forzas de tanta esmorga. Finalmente o domingo, para os máis relixiosos, celebrarase a misa cantada coa súa procesión. A alborada irá a cargo do grupo Imos de Chiquitas para logo dar paso a actuación da banda de gaitas Fontornela e ao grupo de baile Aleivosía da ASC Fogo Fatúo. Esperamos vervos a tod@s. Unha aperta, |





