¿Quen está en línea?
Temos 1 convidado en liña
Acceso
Ligazóns
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título
Documento sin título

ALEIVOSÍA acadou o terceiro premio no concurso da FEGALCAT

O pasado domingo día 17 de maio o grupo de pandereteiras ALEIVOSIA acadou o terceiro premio na categoría de pandeireta no IX Concurso de baile e música tradicional da FEGALCAT. Con moitos nervios e con moitas ganas emprenderon unha viaxe a Barcelona o venres día 15 e voltaron o luns día 18, cansadas e esgotadas despois dunha fin de semana intensa, pero moi contentas por poder competir con grupos de grande nivel e quedando clasificadas con Grialia (1º premio) e Xirádela (2º premio). Agradecer a organización do concurso o seu labor, o xurado (María, Luís e Leni) por apreciar o noso traballo, a Loli, Dori, Álvaro, Silvia, Alex, Paco e Carmen por apoiarnos en todo e  estar con nós ata o final, pasase o que pasase. Grazas. Tamén á nosa profe Mónica por todo o traballo que hai detrás. Moitas felicidades rapazas e a seguir loitando!

 

O vindeiro sábado día 23 de maio a iso das 20:00 h celebrase o IV SERÁN DO MAR DE RIANXO organizado polos nosos veciños e compañeiros VAI DE RODA esperamos que o tempo acompañe e se poida celebrar na alameda de Rianxo( máis coñecida como o campo de arriba), se non trasladarase á lonxa, esperamos vervos por alí e desexamos moito sorte A VAI DE RODA. SAÚDOS E VEMONOS NA FESTA

Premede "Leer más..." para ver todos os premios do concurso.

Modificado o ( Xoves, 21 Maio 2009 20:15 )

Ler máis...

 

PRÓXIMA PARADA, DESTINO: BARCELONA

O vindeiro venres día 15 de maio as pandereteiras do grupo de Música e Baile Tradicional Aleivosía emprenden camiño saíndo das fronteiras galegas rumbo Barcelona para participar no "IX concurso de música e baile tradicional en Catalunya" organizado pola Federación de entidades Culturais Galegas en Cataluña, que terá lugar o día 17 de maio  a partir das 9.00 h da mañá. Aleivosía xa acudiu o ano pasado, acadando o 3º premio na categoría de pandeireta. Só desexarlles sorte para  que nesta nova andaina acaden un logro máis na súa traxectoria. Xunto con elas participarán outras 6 agrupación galegas e outras tantas de outros lugares de España. Agradecer de antemán á xente que tanto as apoia e que viaxará con elas para darlle ánimos e á agrupación Saudade de Barcelona que o ano pasado e esperemos este tamén as acolleron como se fosen da súa familia e lle brindaron numerosos aplausos.

ANIMO RAPAZAS

Para ver a relación de participantes na categoria pandereteir@s premede en "Leer más..."

Modificado o ( Martes, 12 Maio 2009 23:52 )

Ler máis...

 

ÉXITO DO I SERÁN DO PATROCINIO

Despois da festa desta fin de semana facemos balance do acontecido e só podemos decir mil grazas:
 
- A tódolos grupos participantes: Imos de chiquitas, Vai de Roda, Pandereteiras de Catoira, Asociación da Boina de Cespón, os Rosales, Ollando as Cercas, Aleivosía, Catro ferreñas, Ferreñas oxidadas, Alvariza, en fin, todos aqueles que se animaron a subir ó palco e a animar a festa.
- A tódolos membros da asociación sociocultural FOGO FATUO por estar traballando todo o día para que o I Serán saíse ben.
- A todas esas nais que cociñaron durante todo o día.
- Ós obreiros do concello por montarnos o palco e o alumeado.
- Ós veciños de Rianxiño por facernos un oco no seu vecindario e por apoiarnos neste proxecto.
- A Beni, polo deseño do cartel e polos patro-tickets.
- Os nenos e nenas da Escola Infantil de Aleivosía, ós seus pais, por permitir que desfrutasen coma ananos e por facer do I Serán un día inolvidable.
- Ós adultos de Aleivosía por animarse a subir ó escenario e por estar sempre aí.
- A Alex, Paco, Manolo, Laure, Lidia, Juan, Octavio, Cachucha, Diana, Xouba, Olalla, Panxola, Josefa, Mª Carmen, Sandra, Rafa, Octavio, Alfonso,... e un longo etc. de xente que botou unha man en todo o posible. Grazas.
 
Esperamos que este I Serán do Patrocinio fose do agrado de toda xente e gustaríanos que para o ano fose moitísimos mellor.
 
Gracias e a preparar o seguinte.
 
Fogo Fatuo

Modificado o ( Luns, 04 Maio 2009 17:13 )

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 11